Páxinas

A boa nova

A boa nova é o título da miña primeira novela.

Pódela descargar de balde premendo en calquera dos seguintes vínculos:
Versión A4 para imprimir en pdf (74 páxinas, 531 kb).
Versión A5 para lectura dixital en pdf (127 páxinas, 560 kb).
Versión libro electrónico en formato EPUB (93 kb).

Se prefires a plataforma Scribd, estes son os enlaces:
Versión A4 para imprimir en pdf (74 páxinas, 531 kb).
Versión A5 para lectura dixital en pdf (127 páxinas, 560 kb).


Esta obra réxese por unha licenza Creative Commons, a cal permite a súa copia,
distribución e comunicación pública, así como as obras derivadas, mentres se
manteña a autoría orixinal e non sexa con fins comerciais. As obras derivadas desta
deben ser distribuídas baixo esta mesma licenza. Para máis información sobre a
licenza: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl



Sinopse:
En poucas palabras: un tipo meteuse nunha lea e pide axuda a unha amiga. A partir de aí a trama vaise complicando, e como tampouco é unha novela moi longa, mellor non seguir contando.
A historia non se anda polas ramas, le o primeiro capítulo e se ves que tal, continúa.


Comentario do autor:
Sempre me gustou escribir e por iso parín isto. Non pretendeu ser unha gran novela nin nada diso, senón que foi máis ben un entretemento. Certo que ademais houbo outras motivacións, pero iso é outra historia.
Non vos vou enganar, este relato concursou en tres premios literarios e non saquei nada deles.
Agora ben, se me preguntades que opino eu da novela, direi que é a hostia.
A trama engancha desde o primeiro momento e o de deixar a lectura ao final dun capítulo faise complicado. Se de algo coido que podo estar orgulloso é do ritmo. 
É unha desas historias de bos e malos. Quizais os bos son demasiado bos e os malos demasiado malos, pero as personaxes conseguen conectar enseguida co lector.
Se es lector do meu blog, ou simplemente me coñeces en persoa, xa suporás que o humor tampouco pode faltar. Por suposto, así é.

Se despois de lela apetéceche deixar un comentario/crítica sobre ela, será ben recibido. Iso si, non esquezas que chegou de balde ás túas mans, así que non te pases.

E nada máis. A ler!!!

4 comentarios:

  1. Este libro me ha encantado. Y te lo dice una persona que no le gusta mucho leer, tardé 1 hora y algo en leermelo. Bueno y adictivo.

    ResponderEliminar
  2. Este libro me ha encantado. Y te lo dice una persona que no le gusta mucho leer, tardé 1 hora y algo en leermelo. Bueno y adictivo.

    ResponderEliminar